Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Allaríz
Parroquia: Queiroás (San Breixo)
Lugar: Queiroás da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:
Edificación datada entre os séculos XII e XIII feita a base de perpiaño granítico, planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro augas e aparece elevado en relación ao resto da igrexa.A fachada principal e un dos muros laterais posúen portas de acceso, ambas de estilo románico, que destacan polos seus arcos cegos de medio punto da modalidade de descarga e canzorros zoomórficos nas xambas. No muro principal vemos tamén unha saetera e unha espadana. A espadana posúe dous arcos de medio punto na parte inferior, e un edículo seguido dun gablete piramidal horadado rematado nunha cruz pétrea.
No conxunto destaca tamén a colección de canzorros de época medieval.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000023124
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa existe un retablo neoclásico dourado.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.allariz.gal/administracion/wp-content/uploads/2017/04/catalogo_patrimonio_2.pdf (Ficha Q-1 – Páxinas 75 a 77)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Queiro%C3%A1s&localidad=OURENSE
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2050393231Lonxitude: -7.84065361659
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 13, 2018
Detalle de dous dos canzorros da igrexa.