Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cuntis
Parroquia: Cequeril (Santa María)
Lugar: A Igrexa - A Penela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación de época barroca feita en perpiaño granítico labrado e escuadrado, con planta rectangular e cuberta a dúas augas con pináculos nos extremos.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso lintelada, unha pequena fornela coa imaxe da patroa e un ocelo. O conxunto remata cunha torre campanario en posición central.
As referencias bibliográficas máis antigas (do ano 1217) falan da existenca dunha edificación anterior de estilo románico.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031407
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior podemos ver varias imaxes relixiosas de importante valor histórico, como un Santiago Apóstolo, un fragmento do lignum crucis e dous pequenos relicarios cos ósos das santas Honorata e Liberata, que Don Francisco da Ruza e Silva trouxo da “Corte de Roma”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Normas subsidiarias
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.PDF (p. 9)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.turismodecuntis.es/
http://www.concellodecuntis.es/index.php/templos-parroquiais-e-conventuais/santa-maria-de-cequeril


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5967979889
Lonxitude: -8.53262707246
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84