Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cuntis
Parroquia: Cequeril (Santa María)
Lugar: A Igrexa - A Penela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre unha base cúbica feita en perpiaño granítico que remata cunha parte saínte con rebaixe inferior. Por riba dela outra base cúbica de menor tamaño con arestas rebaixadas.
A continuación o varal que comeza cunha pequena sección cadrada e continúa coas arestas rebaixadas.
O capitel, decorado con volutas e rostros de anxos nos catro lados, dá paso a unha cruz de brazos potenzados e remates en botóns na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado acompañado dun anxo na súa parte dereita, e a Virxe con coroa e apoiada sobre unha peaña con forma de anxo.
Este cruceiro podémolo ver próximo á igrexa de Santa María de Cequeril (http://patrimoniogalego.net/index.php/101783/2019/01/igrexa-de-santa-maria-de-cequeril/)


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360150202.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5968865425
Lonxitude: -8.53163919412
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84