Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Ermida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ermida feita en perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal destaca un pórtico a tres augas, a porta de acceso lintelada e unha espadana dun só oco.
Existen referencias dunha edificación relixiosa neste mesmo lugar do século XVI, aínda que é moi posible que existira dende épocas moi anteriores.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031413
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da ermida gárdase unha imaxe de Santiago Apóstolo e outra da Virxe da Pena que, segundo a tradición, apareceu nas inmediacións, xunto a un manancial de auga milagreira que aínda se conserva e que nas súas pedras leva gravado ese suposto milagre mariano.


Tradición oral:

Existía a tradición de mergullar a imaxe de Santiago Apóstolo no interior do río Umia para que o santo lle trouxese boas colleitas aos labregos do lugar e para implorar a chegada das choivas cando tocaba un ano de seca.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.PDF (Páxina 9)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.concellodecuntis.es/index.php/ermidas-capelas-e-santuarios/santiaguino-da-ermida
http://www.xoanarcodavella.com/2013/01/capilla-de-santiaguino-cuntis.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6080574732
Lonxitude: -8.53601854631
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84