Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Maroñas (Santa Mariña)
Lugar: A Gueima
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal tamén cuadrangular. O varal é octogonal que soporta un capitel esférico. A súa cruz é rectangular e no anverso presenta a unha figura esculpida en baixorrelevo de Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz, tamén esculpida en baixorrelevo, fica a Piedade sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MAZARICOS/documents/0213CA003.PDF (Pax. 16).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9589261809
Lonxitude: -8.94483163045
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84