
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cuntis
Parroquia: Arcos (San Breixo)
Lugar: Arcos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa de estilo Neoclásico feita en perpiaño granítico, con planta de cruz latina e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro. Posúe pináculos de bola nos extremos.
Na fachada principal, con pilastras laterais, podemos ver unha porta conm arco de medio punto, un ocelo con derrame interno e unha torre campanario en posición central.
No interior da igrexa se gardan varias imaxes entre as que destacan as de San Breixo, a Virxe do Rosario, a Virxe de Monserrat e San Sebastián.
No adro da igrexa podemos ver restos construtivos de época románica, así como tres lumieiras de arco conopial pertencentes a un antigo baldaquino datable entre os séculos XV e XVI.
Outros elementos son unha pía bautismal e unha sepultura con inscricións góticas.
Esta igrexa foi trasladada pedra a pedra dende as proximidades do lugar de Arcos de Arriba (concretamente do lugar da Manguela) no que houbo un antigo mosteiro que xa existía polo S. IX.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031406
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No adro da Igrexa de Arcos, pola parte leste, sitúanse tres relevos incrustados no muro perimetral (http://patrimoniogalego.net/index.php/6511/2011/10/relevos-en-arcos-de-furcos/)
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.PDF (Páxina 9)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Arcos%20de%20Furcos&localidad=PONTEVEDRA
http://www.turismodecuntis.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6609274876Lonxitude: -8.53785140573
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 21, 2019
Pía bautismal de copa circular semiesférico e sen decoración que podemos ver no adro da igrexa.