Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Caldas de Reis (Santa María)
Lugar: O Somonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Edificación románica do século XII feita sobre outra anterior destruída no ano 1000 por Almanzor. O conxunto que hoxe podemos ver é un complexo de varias obras de diferentes anos.
Na fachada principal podemos ver unha fermosa porta de acceso con pórtico moderno. Nela destaca as dúas arquivoltas de medio punto e o tímpano historiado sobre columnas. A arquivolta externa posúe un perfil lobulado superposto ao baquetón. A chambrana aparece decorada con vaios anxos. No tímpano destaca un año cunha cruz nunha das súas patas.
No muro Norte do interior do templo colocouse o coroamento duns baldaquinos oxivais do século XV que semellan representar as naves de Colón e os escudos dos Reis Católicos.
A parte máis antiga da igrexa a podemos ver na ábsida, de planta rectangular e canzorros historiados na cabeceira.
No interior destacan varios elementos como son os restos dun retablo gótico, e dúas capelas adicadas a San Diego (do século XVI, e a do Carme (do século XVIII).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000030415
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CALDASDEREIS/documents/28055ca002.PDF (Ficha A_053 – Páxinas 80 a 82)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Caldas%20de%20Reis&localidad=PONTEVEDRA
http://www.caldasdereis.com/parroquias_c.php#1
https://www.arteguias.com/pontevedra/caldasdereis.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6001635732
Lonxitude: -8.64303382335
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84