
Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Xeve (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A chamada Pedra do Becerral atópase bastante preto dun outeiro da parroquia, chamado Outeiro do Castro. Este ben trátase dun conxunto de tres pedras superpostas, dúas enriba da terceira.
O conxunto é comúnmente usado como punto de reunión polos rapaces do pobo, que se suben á cima dunha das dúas pedras superiores (a máis baixa).
Na parte superior desta, a pedra ten pías tanto circulares coma ovaladas, que semellan ser naturais. Sen embargo, na parte superior da pedra de máis altura pódense observar cazoletas, atopadas no bordo, e só ata lugares alcanzables dende o alto da segunda rocha.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Na parroquia de Santa María de Xeve, pódense atopar varias pedras de grandes dimensións, tanto nos bordes dos caminos, coma no interior das fincas. Isto é bastante curioso, xa que todas estas pedras teñen un nome propio polo que as coñecen os veciños do lugar.
Inda que non parecen existir ningún tipo de lendas asociadas a este elemento, os veciños do lugar téñenlle grande aprecio por ser o lugar onde xogaban de nenos.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.473659718419Lonxitude: -8.5916794601112
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84