Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cervantes
Parroquia: Donís (San Fiz)
Lugar: Piornedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Foi localizado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares no mes de novembro de 2015 a 1.800 metros de altitude, nunha ladeira do Pico Mustallar. Trátase dunha pena rente ao chan gravada con nove coviñas.
Este petróglifo posúe a singularidade de estar situado a maior altitude de Galicia. Ata o presente obstentaba esta “distinción” o petroglifo das Arcas, a 1.770 metros de altitude, no concello de Manzaneda, tamén con coviñas.
Recentemente foi catalogado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA27012092
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mámoas, petróglifos e castros do concello de Cervantes:
http://arqueoancares.blogspot.com/2011/01/castros-do-concello-de-cervantes.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8241548212
Lonxitude: -6.84362622749
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84