Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Avión
Parroquia: Nieva (Santa María)
Lugar: Camposancos
Outra denominación do ben: Peto de ánimas de San Martiño
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peto de ánimas de recente factura feito a base de tixolo e cemento. Consta de tres fornelas (a do medio a de maior tamaño). A caixa das esmolas podémola ver na base.
Dentro das fornelas exiten diferentes figuras de recente factura e de pouco valor artístico. Entre elas Santo Antón, San Martiño e a Virxe de Fátima.
Pola parte superior do peto existe unha placa feita en pedra na que podemos ler a seguinte inscrición:
“ANIMAS
SAN MARTIÑO
ESTO SE HIZO A INTENCION
DE
JOSE DOMINGUEZ S.
SU ESPOSA
HERMELINDA SANCHEZ D.
HECHO EN 1989”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo recolle Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez no seu libro (ver referencia bibliográfica), “José Domínguez, irmán de Digna Domínguez (a rapaza que morreu afogada no muíño da Casa da Moura, pertencente a esta mesma aldea de Camposancos) mercara un solar. Nel había unha pequena capela dedicada a San Martiño. O José tirouna para levant-la casa actual na que vive coa súa familia. A partir dese momento as cousas torcéronselle bastante na vida. Unha filla toleou e os negocios non ían nada ben: abortaban as vacas e morrían as crías.
Consultada a meiga indicoulle a causa: San Martiño estaba molesto con el. Debería repoñe-la capela do santo.
Así foi como, obrigado polas circunstancias, fixo o peto das ánimas de San Martiño que polas moitas imaxes que ten, deducimos que o seu constructor aproveitou para face-las paces con tódolos demáis santos do ceo”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3290294069
Lonxitude: -8.28510758746
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84