Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Carracedo (Santa Mariña)
Lugar: O Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Calvario formado polo cruceiro central de maior tamaño e dous laterais máis pequenos.
O cruceiro central nace sobre unha plataforma de sección octogonal feita en cachotería. A continuación dous chanzos de sección octogonal. A base, de sección troco-piramidal, presenta varios relevos que mostran caveiras, tíbias cruzadas e lagartos. O varal nace cunha sección cadrada cos catro lados decorados con tíbias cruzadas, caveiras, cravos e a cruz de Santo André. A continuación o varal segue en sección cilíndrica con acanaladuras e con dúas imaxes (San Francisco e Santiago Apóstolo). O capitel é de estilo xónico con motivos vexetais, volutas e cabezas de anxo. O cruceiro remata cunha cruz na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INNRI no anverso, e a Virxe no reverso.
A cruz do lateral esquerdo nace sobre unha base tronco-cónica. Posúe sección octogonal coas arestas rebaixadas.
A cruz do lateral dereito nace sobre unha base cúbica. Posúe sección octogonal coas arestas rebaixadas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pxomcaldas.com/memorias/T1%20Memoria%20de%20ordenacion%20T15%20Catalogo%20de%20bens%20culturais%20Tomo%201.pdf (Ficha E_016 – Páxina 332)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360050502.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6520198814
Lonxitude: -8.64555195412
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84