Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Carracedo (Santa Mariña)
Lugar: As Cortiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado composto dunha pequena capela feita a base de perpiaño granítico, con planta cadrada e cuberta a tres augas e cruz pétrea de remate. O acceso realízase por unha parte porticada.
Na fachada existen dúas fendeduras para depositar as esmolas.
No interior podemos ver un retablo pétreo policromado no que aparecen as imaxes da Virxe do Carme co Neno no colo con dous anxos aos lados e outro agarrado ao escapulario. Por debaixo unha imaxe dun freire (Santo Antón ou San Francisco) con tres almiñas entre o lume do Purgatorio.

Ao carón deste Oratorio podemos ver a Cruz dos Camiñantes (http://patrimoniogalego.net/index.php/102068/2019/02/cruz-dos-caminantes/)


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pxomcaldas.com/memorias/T1%20Memoria%20de%20ordenacion%20T15%20Catalogo%20de%20bens%20culturais%20Tomo%201.pdf
(Ficha E_014 – Páxina 330)

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6528989291
Lonxitude: -8.64312979717
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84