Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Xironda (San Salvador)
Lugar: Xironda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Túmulo sen catalogar, a uns 200 metros ao leste da mámoa das Xémeas. Está en moi mal estado pero aínda se pode ver parte da coiraza pétrea, e a punta de dous esteos ou ortostatos.

Os mesmos traballos de repoboación que estragaron a mámoa das Xémeas, rabaixaron terriblemente o túmulo desta mámoa, facéndoa case irrecoñecible, ademais de remover parte dos seixos brancos da coiraza. En calquera caso intégrase no conxunto de mámoas do Larouco e dá sentido a unha futura busca sistemática destes monumentos ao longo das chairas e medias ladeiras que están ao leste do monte Larouco.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

O nome de Penedos Bizarros tamén ten moito interese, posto que a palabra “bizarro” non é unha palabra usualmente usada de maneira popular. Sen embargo, neste lugar úsase sen ningunha dúbida polos veciños de A Xironda para definir un tipo de penedos moi semellantes ao xisto e que é unha rareza xeolóxica no lugar, posto que é un tramo de non máis de 300 metros de lonxitude por uns cen de anchura, no medio de paisaxes graníticos moi uniformes.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8968184934
Lonxitude: -7.65960921774
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84