Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Lucenza (Santa María)
Lugar: Lucenza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Esta é unha mámoa estudada por Antonio Rodríguez Colmenero no seu artigo “Cultura megalítica en el Alto Búbal”. El chegou a ver tres laxes de granito sobresaíndo arredor dun foxo que se supón que sería o cráter de expoliación, todo sobreelevado nun pequeno túmulo que se diferenciaba máis pola falta de vexetación no seu alto que pola súa altitude. Fixo unha escavación, pero o primeiro que descobriu foi que todo o terreno estaba moi trastocado pola labouras agrícolas, co que os resultados da investigación non foron moi notables, salvo fragmentos de cerámica tosca pertencentes a unha especie de xarro. Unha das conclusións máis interesantes foi que, no canto de ter feito unha estrutura vertical para tapala cunha lousa, as tres laxas estaban orientadas coa punta exterior cara o centro da cámara, como formando un teito, e os ocos entre elas quedaban cubertos por outras laxas máis pequenas, complentando a estrutura cameral como unha anta poligonal sen porta, dentro da clasifición clásica de Cuevillas. Do propio túmulo viron cómo, equidistantes, se distribuían outra serie de laxas, que sobresaían uns 10 cm. do chan actual, como facendo a base para que a erosión non deformase o túmulo e se poidese amorear a terra sen problema para despois facer a coiraza.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Galicia Meridional Romana
Rodríguez Colmenero, Antonio. Cultura megalítica en el Alto Búbal
PXOM de Cualedro 2010
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CUALEDRO/documents/27484CA019.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9513241935
Lonxitude: -7.60583426158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84