Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Monterrei / Verín (comarca)
Parroquia: Vences (Santa Baia)
Lugar: Arucelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Esta é unha das dúas mámoas que se poden ver no Monte Meda, e a máis grande con diferencia. Terá unha altura de dous metros, e uns 26 de diámetro, e o cráter de expoliación é enorme, de máis de seis metros de anchura. O lugar onde está, case no alto da chaira que forma este monte no alto, é completamente lóxico, pois un dos roteiros tradicionais de paso de gando, vai precisamente polo fondo da ladeira occidental deste monte, bordeando Baldriz. Descoñécese se había máis mámoas, porque a anchura e o contínuo acondicionamento dos cortalumes probablemente acabaron co resto de monumentos que houbese, pois pasan exactamente polos mesmos lugares que estarían construídos. Precisamente, esta mámoa está seriamente danada na base do seu túmulo por causa dun destes cortalumes.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32050038
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dicía a xente de Baldriz que sempre su usou para cota de cazadores, é dicir, un lugar axeitadamente alto que daba vantaxe á vista dun cazador respecto do territorio. Pero tamén contan que alí había unha entrada ao pazo dos mouros, e que antigamente, podían botar unha pedra dende o alto da mámoa e escoitábase caer moi fondo, e que así de grande era o pazo, pero que calquera que quixera entrar xa non saía. Unha señora de Atás contoume, ademais, que unha vez seu pai e seu avó tiraran unha corda atada a unha pedra para medir o fondo desa entrada, pero que cando recolleron a corda saíu negra e fumegando, pensaron que pouco menos que era o inferno, e xamais se volveron achegar ao borde da mámoa.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/AD/fichas_eltos_catalogados/Fichas_Patrimonio_32050_36074.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0180691339Lonxitude: -7.49174134433
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mar 2, 2019
Ficha da mámoa do Chan das Minas no Visor do Plan Básico Autonómico
http://mapas.xunta.gal/visores/pba/
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/AD/fichas_eltos_catalogados/Fichas_Patrimonio_32050_36074.pdf