Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Baltar
Parroquia: Baltar (San Bartolomeu)
Lugar: Montecelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Como podedes ver, fixen un salto xeográfico e volvín moitos kilómetros atrás para poñer unha mámoa máis que queda fóra dos roteiros habituais e naturais que levan o gando duns montes a outros. O Larouco é un monte moi especial, sempre sumido na néboa e na neve, solitario e non unido a unha serra con outros picos, coma se fose un volcán… Está confirmado, é unha mámoa. A verdade é que o lugar é espectacular, unha chaira a 1300 metros de altitude, unha lama enorme que está entre Galicia e Portugal, e que aínda hoxe ten durante todo o verán unha boa cabana de vacas barrosás, afeitas á este tipo de montaña e ao pasto duro destas lamas.
Esta mámoa, é unha das máis grandes que se poden ver na comarca. Ten uns oitenta metros de perímetro, aínda que non é moi alta para estas medidas, non alcanzando 1,60m. No lado onde a pendente comeza, o túmulo parece esborrallado, coma se o tempo e as inclemencias deste monte puidesen coa estrutura, facéndoa escorregar…
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Cultura megalítica en el Alto Búbal, Antonio Rodríguez Colmenero
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/AD/fichas_eltos_catalogados/Fichas_Patrimonio_32005_54083.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9072978472Lonxitude: -7.70410933956
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84