Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Oímbra
Parroquia: A Granxa (San Xoán)
Lugar: Casas dos Montes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Mámoa cun túmulo que pode achegarse aos 12 m. de diámetro e unha altura de 1,5 m. A Cámara megalítica, que se pode diferenciar bastante ben, ten visibles ata oito esteos de diferentes tamaños, formando unha cámara case circular que se abre cara o solpor, aínda que non se pode dilucidar se ten corredor ou non. Tamén destaca notablemente a enorme cantidade de coios máis ou menos grandes que aínda rodean a cámara e que farían parte da coiraza. É posible que esta mámoa formara parte dos moxóns históricos da Raia Seca, aínda que hoxe está a uns 200 metros en liña recta do trazado actual da fronteira.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A mámoa está tan visible na contorna que incluso en días de néboa só hai que buscar o punto máis alto da contorna e vaise directamente a ela. A súa conservación é relativamente boa, posto que ao ser terra de fronteira, non foi demasiado frecuentada e o gando máis habitual de por aquí é o das chivas e ovellas, que non son tan agresivas co chan como as vacas.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIMBRA/documents/28007ca001.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8697486223
Lonxitude: -7.50671961511
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84