Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: Pidre
Outra denominación do ben: Cruceiro do Xardín // Cruceiro de A Balea
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas da paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue coas arestas rebaixadas. Na súa metade podemos ver dúas imaxes.
O capitel, de estilo xónico con volutas, motivos vexetais e caras de anxos nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coroada por dous anxos e apoiada sobre unha peaña no reverso.
Ao carón de Cristo crucificado podemos ver unha figura, que semella ser San Francisco de Asís, recollendo o sangue cun cáliz.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Antigamente o cruceiro posuía un retablo pétreo.
O retablo amosaba as imaxes de Cristo crucificado na parte central acompañado de San Francisco na parte esquerda e a Virxe na dereita. Por debaixo un conxunto de catro almiñas.
Na parte baixa do retablo existía unha inscrición: “ESTA OBRA LA HIZO … “.

O retablo desapareceu no ano 1996.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3603827.html
3º CRUCEIRO DE ÁNIMAS DA PONTE MALVAR

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4703587063
Lonxitude: -8.64034524052
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84