Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cuntis
Parroquia: Cequeril
Lugar: Agro do Monte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O xacemento atópase nun pequeno outeiro a pouca distancia do rio Umia e da Ponte do Ramo. No seu curuto pódese observar, a pesar da grande cantidade de maleza, parte dalgunhas estructuras en pedra, como poden ser varios pasos dunhas escaleiras, a base dunha parede ou muro, formada por unas poucas filas de perpiaños, e tamén se pode ver o que parece un capitel, que se tería partido dunha columna. Dende o alto divísase perfectamente o rio e a Ponte do Ramo, subindo dende o rio un camiño antigo, que na súa maior parte estas delimitado por muros a ambos lados, polo que se pode supoñer que a torre tiña función defensiva e de control do paso sobre o rio Umia. Esta función defensiva relacionariaa coa cercana e xa desaparecida casa forte de Sebil.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36015004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

O lugar conta con moitas lendas, todas elas relacionadas cos míticos mouros. Según unha delas hai un tunel entre a torre e o cercano rio Umia, pola que os mouros que a habitaban levaban os cabalos a beber o rio.
Segun outra lenda, que o parecer contan as xentes das aldeas cercanas, un morador da torre disparou unha frecha e matou o último mouro que habitaba o cercano Castro de Sebil.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.turismodecuntis.es/hs_baixa.php

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=20&id=1382

http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castelos-de-galicia-provincia-de.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6057895733
Lonxitude: -8.52916908601
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84