Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Caldas de Reis (San Tomé e Santa María)
Lugar: Caldas de Reis - Rúa Real
Outra denominación do ben: Casa da antiga Tabacalera
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación feita en perpiaño irregular e cachotería granítica, de planta cadrada con baixo e primeiro andar.
Na fachada principal destacan os dous escudos, as portas de aceso con arcos escarzanos e as xanelas de arestas biseladas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Os escudos heráldicos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CALDASDEREIS/documents/28055ca002.PDF (Ficha A_045)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6037374145
Lonxitude: -8.64318055758
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84