Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cambre
Parroquia: Vigo (Santa María)
Lugar: Capela de San Roque
Outra denominación do ben: Cruceiro da Capela de San Roque
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal troncopiramidal cunha mesa acaroada. O varal é cadrado con chafráns que soporta un capitel cuadrangular moldurado. Pegado á base do capitel, no varal, hai unha placa de mármore coa seguinte inscrición: “JHS / SANTA MISION / P.P. / DE LA COMPAÑIA / DE JESUS / SEPTIEMBRE 1918”. A súa cruz é octogonal con remates florenzados con botón central. O cruceiro é unha mistura de pedra e formigón, sendo a plataforma e pedestal de formigón e o resto de granito. O seu estado de conservación é mala. Semella como que a crus foi esnaquizada e restaurada nalgún tempo atrás.
Este cruceiro ten máis de 100 anos por tanto, é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBRE/documents/0091CA008.PDF (páx 6).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.256194124
Lonxitude: -8.30932693094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84