Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Vigo (Santa María)
Lugar: San Roque, Santa María de Vigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Trátase dun templo de traza popular, cunha estrutura arquitectónica sinxela, de planta rectangular, unha soa nave e cunha sancristía apegada ó muro lateral norte. A cuberta organízase a dúas augas e a cubrición faise a base de tella curva do país. Cara ó exterior, os muros son de cachotería e están enfoscados estando a cantería á vista nas esquinas e nos ocos. Ten dúas entradas, unha na fachada principal e outra no muro lateral Sur.
A fachada principal é de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular. Sobre o ingreso vai un oco de luz cuadrangular que dá luz ó coro feito en madeira, e no vértice do pentagono sitúase unha sinxela espadana dun só oco formado por un arco de medio punto sobre piares moi moldurados que serve para aloxa-la campá. O conxunto está rematado por unha cruz e dous acroterios piramidais.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBRE/documents/0091CA003.PDF (Páx. 14)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2561234685Lonxitude: -8.30901682377
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84