Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Vigo (Santa María)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Trátase dun templo, posiblemente do século XIV, de planta rectangular e unha soa nave rectangular. Santa María presenta ó interior catro espazos: nave, capela, presbiterio e sancristía; que se evidencian no exterior nas diferentes alturas de cada un dos corpos, sendo a súa cuberta a dúas augas na nave, na ábsida e na capela apegada ó muro norte da nave, e a unha na sancristía apegada ó muro norte da ábsida, con cubrición de tella curva do país. Os espazos da nave e do presbiterio están delimitados por un arco triunfal apuntado que descansa sobre columnas de fuste pequeno e capiteis de follas. A capela está delimitada por un arco de medio punto que descansan sobre columnas apegadas. Cara ó exterior, os muros son de cachotería; agás a fachada principal, e están enfoscados estando a cantería á vista nas esquinas e nos ocos. Ten tres entradas, unha na fachada principal e as outras nos muros laterais que teñen arco de tipo escarzano.
A fachada de boa cantería e cunha traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta en arco de medio punto adovelada. Sobre o ingreso vai un pequeno oco rectangular que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos rematados en bóla. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular cun oco de arco de medio punto, coroado cunha cruz de pedra e flanqueado por dous pináculos moldurados rematados con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Esta igrexa foi queimada entre os anos 1934-36 e foi restaurada no ano 1992.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBRE/documents/0091CA003.PDF (Páx.3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2576783922
Lonxitude: -8.31659674644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84