Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Triacastela
Parroquia: A Balsa (San Breixo)
Lugar: San Pedro do Ermo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

San Pedro do Ermo é unha aldea da parroquia de San Breixo da Balsa, no concello de Triacastela. Está situada a uns 850 metros de altitude, entre os regueiros de San Pedro e do Val Escuro. Hai unhas doce casas, a maioría en estado de ruína ou semirruína. No ano 2018 só había dúas habitadas, acollendo a media ducia de habitantes. Antigamente pasaba por eiquí o Camiño Francés de Santiago (agora xa non pasa).
Segundo a escasa documentación que se conserva, no século IX fundouse eiquí un mosteiro, supoñemos que pequeno, posto baixo o padroado dos apóstolos Pedro e Paulo.  Descoñécese quen o fundou, pero si se sabe que foi restaurado polo conde Gatón do Bierzo (uns din que fillo de Ramiro I e irmán de Ordoño I, outros supóñenno cuñado deste último), acadando o máximo explendor cara o ano 900. Gatón dooulle a vila de Ranimiro (Ramil). Nun documento do ano 919 do rei galego Ordoño II (871-924) di que se atopa “in territorio Triacastelle”. O mosteiro tamén foi favorecido pola primeira esposa de Ordoño, Elvira Menéndez (864-921). 
No 922, Ordoño doa o mosteiro de San Pedro e San Paulo á Igrexa Compostelá, asinando tal cesión o bispo Recaredo de Lugo, Frunimio de León e Fortis de Astorga, desaparecendo dende entón as mencións a este cenobio (nalgunha publicación dise, erradamente, que a doazón produciuse no ano 992). En anos posteriores orixináronse unha serie de desputas entre as Igrexas de Lugo e de León pola súa posesión. Ordoño II confirma este mosteiro a un “sancto abbati”, forma curiosa para cualificar como santo a un abade en vida, polo que o etimólogo Nicandro Ares cre que Sancto non é eiquí un adxectivo, senón un substantivo e nome persoal do abade, que se podería traducir por Sancho. 
Non se conservan restos visibles. O único que vimos foi unha abandonada e arruinada ermida de planta rectangular cuberta en lousa a dúas augas. No interior hai un tosco retábulo sen imaxes e dúas pequenas pías de granito; unha delas semella reutilizada para esta función. 
Dise que cando hai bastantes anos se fixeron movementos de terra saíron á luz restos de muros de boa factura e algún tramo de chan empedrado, ademais de varias tumbas. Nós só vimos un sartego que en tempos foi utilizado como bebedoiro para o gando. 


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mosteiros de Galicia (Provincia de Lugo): onosopatrimonio.blogspot.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7753643838
Lonxitude: -7.25778610973
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84