
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Covelo
Parroquia: A Lamosa (San Bartolomeu)
Lugar: A Congostra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado nun pequeno xardín de buxos e protexido cun enreixado metálico.
Nace sobre dous chanzos de sección cadrada, o superior coas arestas rebaixadas.
A súa base aparece profusamente decorada nos seus catro lados por nichos nos que aparecen representadas Eva espida, Adán, Eva ao carón da Árbore da Sabedoría e por último Adán implorando perdón a Deus.
A continuación o varal de sección cilíndrica con estrías con varias imaxes:
* a da Virxe do Libramento sobre unha peaña coa seguinte inscrición: “Nr. S. LIBRAMENTO”.
* San Bartolomeu pisando ao demo sobre peaña coa seguinte inscrición: “S. BARTOLOME”.
O capitel, de estilo corintio, posúe caras de anxo nos catro lados.
A cruz é de sección circular, leñosa, con nós. No anverso podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue do seu costado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3601310.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E e SAMPREDO FERNÁNDEZ, A. “Cruces, cruceiros e petos do concello de Covelo (II)” Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 2010.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2100858987Lonxitude: -8.3550687105
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84