Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Covelo
Parroquia: A Lamosa (San Bartolomeu)
Lugar: A Congostra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas situado ao carón do muro de peche da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/102526/2019/05/igrexa-parroquial-de-san-bartolomeu-da-lamosa/).
Posúe un fornelo protexido por un enreixado metálico. Nos laterais vemos unhas pilastras con relevos.
A parte superior posúe un tellado a dúas augas con pináculos nos extremos e cruz de remate. No punto de unión do tellado aparece a imaxe dun rostro humano.

No interior da fornela existe un retablo feito en azulexo de recente factura. O debuxo mostra as imaxes de Cristo crucificado acompañado de Santo Antón e da Virxe do Carme. Tamén vemos catro almiñas espidas
Na parte baixa aparecen cinco almiñas entre as lapas do Purgatorio.
Na pedra que fai de mesa vemos o caixón para as esmolas con tampa metálica.

Este azulexo substitúe a un retablo anterior posiblemente feito en madeira e do que hoxe non quedan restos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, A. “Cruces, cruceiros e petos do concello de Covelo (II). Asociacion galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE). 2010.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2094670013
Lonxitude: -8.35571857891
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84