Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Covelo
Parroquia: A Lamosa (San Bartolomeu)
Lugar: Corzós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Ao carón da capela de San Miguel de Corzós (http://patrimoniogalego.net/index.php/102569/2019/05/capela-de-san-miguel-de-corzos/) podemos ver este cruceiro do ano 2002 que nace sobre un so chanzo de sección cadrada.
A súa base en escocia da paso a un varal coa primeira metade en sección cadrada e a segunda en octogonal.
O capitel de estilo corintio da paso a unha cuz latina na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue dun cáliz no anverso, e a Virxe da Soidade sobre peaña no reverso.

Segundo recolle Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez no seu libro, “o cruceiro foi ofrecido por Domingos Conde Lamela a San Miguel”.
“A vella cruz rompeuna un camión no ano 1992, cando daba marcha atrás. Dende aquela houbo varios intentos dos vecios por arranxar a cruz ou substituíl por unha nova; como non prosperaban aquelas iniciativas o señor Conde Lamela ofreceu este cruceiro ó santo”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, A. “Cruces, cruceiros e petos do concello de Covelo (II). Asociacion galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE). 2010.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2034990839
Lonxitude: -8.34922313943
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84