Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Covelo
Parroquia: Paraños (Santa María)
Lugar: Cotarel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A descrición deste peto vén dada da bibliografía recollida, xa que na nosa visita ao lugar (19 de abril de 2019) atopamos o conxunto totalmente desfeito.
O peto de ánimas de Cotarel é de tipo pechado e nace sobre unha base cúbica granítica.
A súa fornela posúe enreixado metálico para protexer un retablo de madeira policromada. Nel podemos ver as imaxes da Virxe María con San Francisco que portan cadanseu escapulario. Na parte baixa aparecen cinco almiñas .
O conxunto remata cun tellado plano.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E.: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO. 1998
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, A.: “Cruces, cruceiros e petos do concello de Covelo (II)”. Asociacion galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE). 2010.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2046351731
Lonxitude: -8.38633249912
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84