
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Tomeza (San Pedro)
Lugar: San Pedro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas posúe a seguinte inscrición:
“A LOS CANTEROS
Y AL MAESTRO
DANIEL.
TOMEZA 2003”.
O seu varal comeza en sección cadrada e segue coas arestas rebaixadas. Posúe unha imaxe dun bispo sobre peaña.
O capitel, decorado con volutas e motivos vexetais, da paso a unha cruz de arestas rebaixadas e extremos potentados na na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso e a Santiago Apóstolo con caxato e co Neno no colo.
Apoiado no varal vemos unha escultura pétrea do homenaxeado Daniel Fernández.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Este cruceiro é obra de Eladio Martínez Arosa, autor tamén de outras obras como o monumento Homenaxe ao emigrante de Ponteareas, o dos Mariñeiros en Aguiño (Ribeira) e a cruz do cruceiro da Mina de Redondela (http://patrimoniogalego.net/index.php/40857/2013/04/cruceiro-da-mina/)
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3603837.html
http://juan-e-isa.blogspot.com/2013/09/el-cruceiro-de-tomeza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4024739432Lonxitude: -8.62581440489
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84