Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Caldas (comarca) / Catoira
Parroquia: San Pedro de Dimo
Lugar: Portocanles
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Localízase na ladeira setentrional do Monte Xiabre. A capela posúe unha nave, o presbiterio non se diferencia en planta, e ten dúas dependencias acaroadas ao leste. O edificio está integramente construído con cachotaría e denota múltiples reformas e engadidos, polo que non é fácil determinar o momento orixinal da súa fundación. Con todo, baixo unha xanela parece lerse 1671. O seu actual aspecto parece remitir en liñas xerais a unha fábrica tipicamente barroca. É un tipo de santuario tradicional relativamente frecuente en Galicia, unha ermida situada nun lugar moi afastado dos núcleos de poboación históricos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000030942
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Ermida dedicada a San Cibrán avogoso contra a reuma e enfermidades similares. Tamén hai xente que se encomenda ás enfermidades da gorxa, aínda que non sabemos se San Brais está de acordo.
Na carballeira onde está situada a capela, celébrase unha gran romaría o domingo de Pentecostés (50 días despois da Pascua).


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CATOIRA/documents/0767no104.pdf (Pax. 46 do Pdf)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.oocities.org/xufp/sancibran_catoira.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/ermitasancibran/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6487014703
Lonxitude: -8.70084200658
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84