Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ordes
Parroquia: Montaos (Santa Cruz)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular moi moldurada cunha gran escocia. O varal é octogonal que comeza e remata en cadrado. O capitel é troncopiramidal invertido con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten ademais, volutas, follas de bordes lobulados e frores. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán. O cruceiro é todo de granito agás a súa cruz que é de formigón. Ten un estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ORDES/documents/0282CA002.PDF (Páx. 36).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0370520636
Lonxitude: -8.42532534801
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84