Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Barciela (Santo André)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico rematado cunha roda moldurada e cunha mesa acaraoda. O varal é circular con pedestal cuadrangular e liso. Ten un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos e con vértices achafranados. Ademais ten volutas e querubíns. A súa cruz é octogonal con remates florenzados. Semella ter inscricións. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé esquerdo sobre o dereito. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca019.PDF (Páx. 32).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9626175076
Lonxitude: -8.44183752571
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84