
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oroso / Santiago de Compostela
Parroquia: Barciela (Santo André)
Lugar: A Barciela - Sigüeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, de características neogóticas datado por inscrición na súa fachada en 1917. Exterior de gran sobriedade totalmente encalado e pintado de gris a modo de zócolo e de marco de xanelas e pilastras. Tamén se marca como separación, o espazo dedicado á sancristía que está detrás da cabeceira. Ten teitume de madeira artesoado e cuberta a dúas augas. A fachada está organizada en tres tramos verticais, corpo central e dous laterais. De abaixo arriba presenta, no corpo central unha porta rectangular adovelada. Enriba desta, unha gran placa que evoca a un arco apuntado e que ten a inscrición: “AÑO DE 1917”. Máis arriba, un van circular con sinxelas vidrieiras que dan o templo unha gran luminosidade. Nos dous corpos laterais temos vans apuntados, ó igual que ó longo dos muros da nave. Coróase por unha espadana de dous ocos en arco de oxiva e balaustre onde penduran dúas campás, unha de 1830, anónima e outra de 1917, de José Liste Villanueva elaborada no seu taller de Orazo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Santiago de Compostela”. Volume XI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/places/igrexa-de-santo-andre-da-barciela/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.PDF (pp 29 e 30).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9623159846Lonxitude: -8.44188299079
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84