Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cambre
Parroquia: Brexo (San Paio)
Lugar: Roncesvalles
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo e pedestal cuadrangular moi moldurado cunha gran escocia. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. No paramento onde comeza en cadrado hai unha inscrición pouco lexible onde ollamos a data: “… / AÑO DE / 177?”. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. Ademais ten, volutas, follas de acanto e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña dun querubín. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBRE/documents/0091CA008.PDF (Páx.3).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2785518395
Lonxitude: -8.32364596528
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84