Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Bragade (San Mamede)
Lugar: Bragade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella árabe. No interior, a zona do altar cóbrese cunha bóveda de canón revestida de madeira.
A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. No lintel ten unha inscrición: “ANO DE 1804”. Sobre o ingreso vai unha xanela cun arco de medio punto que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven pra aloxa-las campás. O segundo fórmao un oco de arco de medio punto, coroado cunha cruz e flanqueado por dous pináculos moldurados rematados con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós,Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Volume XVI. Deputación Provincial da Coruña, 2001.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1736071295
Lonxitude: -8.19593284194
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84