Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Cutián (Santa María)
Lugar: Santa María de Cutián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular con ábsida tamén rectangular un pouco máis estreita ca nave e cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella árabe.
A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos flanqueado por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto e un óculo enriba, coroado por un pináculo cunha cruz de forxa e flanqueado por dous pináculos piramidais rematados con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Volume XVI. Deputación Provincial da Coruña, 2001.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1920284405
Lonxitude: -8.254814744
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84