Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Oza (San Pedro)
Lugar: Maial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A ermida de San Benito é un templo moi sinxelo, arquitectonicamente falando. Posúe planta rectangular dunha soa nave cunha pequena sancristía apegada ó muro sur. A cuberta é a dúas augas na nave e a unha na sancristía con cuberta de tella árabe. Os muros están construídos en cachotería con enfoscado de cemento e cantería á vista nos esquinais, ocos e na espadana.
A fachada de traza moi sinxela, de forma pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular horizontal e, máis arriba unha placa coa inscrición: “ERMITA DE / SAN BENITO / (MAYAL)”. Enriba desta placa outro oco rectangular e rompendo o vertice da fachada unha base para un campanil formado por un arco de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-la campá. Coróao unha cruz de pedra e sobre ela outra cruz de forxa flanqueado por dous pináculos con bóla.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Apegado ó muro sur consérvase un sepulcro antropomorfo en boas condicións.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Volume XVI. Deputación Provincial da Coruña, 2001.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA003.PDF (Páx.7).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.224746954
Lonxitude: -8.16417842387
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84