
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Dordaño (Santa María)
Lugar: Santa María de Dordaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella árabe. No interior, o espazo da nave está separado da cabeceira por medio dun arco triunfal.
A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo que ilumina o coro de madeira e, rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de tres corpos flanqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven pra aloxa-las campás. O segundo fórmao un oco de arco de medio punto flanqueado por dous pináculos. No último corpo un pequeno frontón curvo cun oco circular no centro e coroado por un pináculo moldurado e unha cruz de forxa. Este corpo tamén está flanqueado por dous pináculos piramidais.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós,Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Volume XVI. Deputación Provincial da Coruña, 2001.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1764249368Lonxitude: -8.22489949318
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84