
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Dordaño (Santa María)
Lugar: Igrexario de Dordaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico co remates en chafrán e cos paramentos recadrados. No paramento do anverso mostra a imaxe do purgatorio; cinco ánimas no medio do lume do Purgatorio presididas por unha cruz cun sudario, chorando desesperadas e intentando salvarse agarrándose ó escapulario. Na parte inferior hai un peto adousado e unha inscricion pouco lexible: “BAUTISMO ES TERRENAL / EL PURGATORIO SALVA / PUES LAVA CON TORMENTOS / LAS MANCILLAS DEL PECADO”. No paramento esquerdo ten unha inscrición:”SE HIZO Y PINTO / POR CUENTA DE LA / LIMOSNA SOBRANTE / DEL ALUMBRADO DEL / S. STº SACRAMENTO”. No paramento do reverso di:” SED NUESTRO NORTE / SS CRISTO DE LA SALUD / Y AUXILIANOS VIRGEN DE LA / SOLEDAD AL PIE DE LA CRUZ / MUESTRATE MADRE NUESTRA / Y DIRIGE UNA PLEGARIA / AL QUE POR REDIMIR / NACIO DE TUS ENTRAÑAS”. No paramento da dereita poñe:”LO ELABORO EL / ARTIFICE D. JOSE COUTO / DE PUENTE AREAS EN EL / AÑO DE 1889 / SIENDO PARROCO EL SR. D. BALDOMERO SANCHEZ? / CODESIDO”. Ten un varal circular e un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. Ademais ten volutas, follas de acanto, querubíns e caveira con tibian en X. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, bendecindo con ambas mans e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa de espiñas e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cun nimbo de ferro e coas mans en cruz sobre o peito. A virxe está sobre unha peaña dun anxo con ás.
O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1766636082Lonxitude: -8.2249941258
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84