Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cambre
Parroquia: Bribes (San Cibrao)
Lugar: Bribes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular recadrado con chafrán e coas esquinas con motivos que semellan faciales. Na parte recadrada do anverso hai unha placa coa seguinte inscrición: “INAUGURADO O DIA 2 DE SEPTEMBRO / DO 2006 SENDO ALCALDE / D. ANTONIO VARELA SAAVEDRA / COA COLABORACIÖN DA XUNTA DE GALICIA, / O CONCELLO DE CAMBRE, A PARROQIA DE / SAN CIPRIANO DE BRIBES E O / PÁRROCO D. JESÚS VÁZQUEZ REGUEIRO”. Na parte dereita do pedestal outra inscrición gravada: “AA.VV. / O CRUCEIRO / DE BRIBES / 2. 9. 2006”. O varal é cuadragular con chafrán que soporta un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados rectos e decorado con motivos vexetais. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans pechadas. Ladea a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2750338515
Lonxitude: -8.30572030498
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84