Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Bribes (San Cibrao)
Lugar: Bribes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ó muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, agás a fachada feita con boas pezas de cantería á vista. A cuberta realízase a tres augas ó igual co corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza sinxela, de forma pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso vai un óculo que ilumina o coro e debaixo deste, unha pedra coa inscrición: “AÑO D 1778”. Rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana dun corpo composto de dous arcos de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. Remata este corpo por un frontón triangular coroado por unha cruz octogonal de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2762819539Lonxitude: -8.3058840354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84