Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Busto (San Pedro)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa feita a base de perpiaño granítico, con planta de cruz latina e cuberta a dúas augas con pináculos nos extremos. A sancristía a podemos ver pegada na cara norte a un dos brazos da cruz.
A fachada principal presenta porta de aceso lintelada con dúas xanelas aos laterais. Máis arriba un ocelo.
O conxunto remata cuna torre campanario en posición central, de catro vans, tambor e cúpula.
O resto dos muros exteriores se atopan encalados.

O interior da capela destaca pola súa ábsida con bóveda de canón apuntado sobre impostas de nacelas lisas.
O acceso á capela se realiza por medio dun arco triunfal apuntado e dobrado, que apoia sobre cimacios que, a súa vez, descansan en columnas lisas con basas áticas sobre podios e capiteis vexetais. O do lado norte desenvolve un nivel de follas de grandes dimensións, rematadas na parte central da súa cara ancha con dúas bolas. No fronteiro, a configuración é moi similar, coa salvedade de que no lugar das bolas presenta caulículos terminados en volutas. A basa da columna norte decora a súa escocia con motivos vexetais, mentres que a sur non presenta ningún tipo de decoración nas molduras pero sí bolas no lugar das garras.

No peche recto ábrese unha saetera abocinada que conserva restos de policromía. No muros sur podemos ver unha pequena fornela que posúe un capitel con decoración zoomorfa (aves).

Aínda que a primera referencia bibliográfica desta igrexa é de 1529 e a primeira descripción de 1607, pódese falar da igrexa como unha construcción arquitectónica de finais do século XII grazas ao estilo arquitectónico e á identificación dun tipo de capitel deudor dos talleres que traballaban nos brazos do transepto e os primeiros tramos da catedral de Santiago de Compostela.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000013856
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No testeiro da ábsida podemos ver unha cruz antefixa, un escudo e unha inscrición.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.santiagodecompostela.org/medi/Urbanismo/pxom2008/CATALOGO/TOMO_II.pdf (Ficha C-17 – Páxina 55)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/places/igrexa-de-san-pedro-de-busto/

O Consorcio de Santiago remata as obras na igrexa de San Pedro de Busto


http://www.consorciodesantiago.org/es/noticias/finalizan-las-obras-en-la-iglesia-de-san-pedro-de-busto
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Busto&localidad=A%20CORU%C3%91A
https://contrataciondelestado.es/wps/wcm/connect/784a347f-df70-442f-8b7c-c5898cd9f164/DOC20170424102617proxectosanpedrodebusto.pdf?MOD=AJPERES


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9718494979
Lonxitude: -8.4990074283
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84