
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Parada (Santo Estevo)
Lugar: Santo Estevo de Parada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa dunha soa nave de planta rectangular cunha capela maior na cabeceira tamén de planta rectangular que alcanza maior altura ca nave principal, sobresaíndo volumétricamente ó exterior, cunha cuberta a catro augas; na parte posterior ten engadido a sancristía con cuberta a tres augas e a nave con cuberta a dúas augas con cubrición de tella árabe. Os forxados da cuberta e do coro son de madeira. Os muros están construídos en cachotería e cantería, quedando o perpiaño á vista nas esquinas e ocos. Nos alzados laterais ten dúas xanelas que permiten a iluminación do altar.
A fachada principal de cantería á vista é moi sinxela, ten composición pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un oco rectangular que ilumina o coro. Rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana dun corpo composto de dun arco de medio punto sobre piares moldurados que serve pra aloxa-la campá. Coroa este corpo unha cruz octogonal de pedra flanqueado por dous pináculos con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Volume XVI. Deputación Provincial da Coruña, 2001.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA003.PDF (Páx.9).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2154352161Lonxitude: -8.17720770836
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84