Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Gondomar
Parroquia: Vincios (Santa Mariña)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Bronce,
Descrición:

Esta ficha catalográfica fai referencia a dous elementos: a propia cova e aos petróglifos do interior.
En relación ao primeiro elemento, trátase dunha estrutura “dómica, de bloques laterais posiblemente residuais dun sistema de bloques fragmentados.
No interior da cova podemos ver os petróglifos gravados na parede vertical da sala principal. As gravuras son de dous momentos cronolóxicos distintos. Existen tres tipos de gravados:
* dúas cruces e un cálice na parte superior dereita, que pola temática e polas características do suco non deben ser demasiado antigas.
* un pouco maís abaixo, liñas e outros motivos menos definidos.
* Cara a esquerda, a unha altura similar á dos cruciformes, atopamos outro grupo de motivos

Parte destes petróglifos foron feitos con instrumental metálico e moi seguramente por varias persoas das que traballaron no lugar na extracción de pedra e que usaron este espacio, segundo testemuñas de varios informadores, como refuxio contra mediados do século XX.
Conxunto dado a coñecer no ano 2002 polo Clube Espeleolóxico Maúxo grazas ás indicacións de José Vila Costas, veciño de Piñeiro e próximo ao lugar da localización deste ben.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36021029
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACS WEB
PXOM do Concello de Gondomar (Ficha nº 10.53-XC – Páxinas 211 a 212)
https://vincios.org/es/petroglifo-da-rais/
PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
https://petroglifosdomauxo.com/teoria/

BIBLIOGRAFÍA
MÉNDEZ QUINTAS, Eduardo. Cavidades entre a Idade de Bronce e o Paleolítico. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 189-210
COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades Naturais e Insculturas Rupestres no Suroeste Galego. Actas do Congreso Internacional de Arte Rupestre. Vigo. 1999. Ed. Concello de Vigo.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1406867236
Lonxitude: -8.71602674699
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84