Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Santiago de Cerreda
Lugar: Monte Cubela/Ribeiras de Cerreda
Outra denominación do ben: As Pegadas do Santiago
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Estación formada por un conxunto de cazoletas e liñas que se estenden o longo de varios penedos. Tamén atopamos tres combinacións circulares simples. É curioso que dada a xeoloxía do lugar non están gravados sobre granito, senón sobre laxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo contan pola zona, estas son as marcas que deixou a espada do apóstolo Santiago na súa loita contra os mouros. No concello de Sober ao outro lado do río atópase o petróglifo da Tapada do Monte en Anllo, Santo Estevo que leva asociada a lenda de que son as pegadas do cabalo de Santiago e que saltou cara a outra banda do río onde tamén podemos atopar as súas pegadas no petróglifo de Pedome en Cerreda ou nas Cerdeiriñas preto de Pombar onde tamén hai un penedo cunha profunda cazoleta no camiño que leva a Penedos do Castro.


Historia recente do ben:

Foi posto en valor no verán de 2019 pola asociación “Móvete por Nogueira” e catalogado polo arqueólogo Juan Manuel González de Carballo. Aparece mencionado no catastro de Ensenada de mediados do século XVIII para sinalar os límites parroquiais.


Referencias bibliográficas:

https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4009161641
Lonxitude: -7.63494250404
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84