Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Avenida Xoán XXIII
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “de Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico con chafráns e paramentos racadrados. Nestes paramentos, na parte do anverso amosa unha vieira, na esquerda un bordón, na dereita unha cabaza e na parte do anverso unha inscrición: “PEREGRINO / TODOS-LOS CAMI / NOS DEL MUNDO / LLEGAN A / COMPOSTELA”. O Varal é cadrado con chafráns que soporta un capitel troncopiramidal invertido historiado. A súa cruz é cuadrangular con remates en flores. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito desencravado. Ten a cabeza ergueita lixeiramente mirando á dereita cunha coroa de espiñas e un nimbo crucífero. O pano de pureza sen nós. Polo reverso da cruz fica a Piedade, co Cristo nos seus brazos. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación. O seu escultor foi Fernando García Blanco, un escultor compostelano discípulo de Asorey. Dende os seus comezos, ata a súa xubilación no 2004 traballou no Parque de Bonaval, nunha pequena edificación que se atopa ente o CGAC e o Museo do Pobo Galego.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507809.html
http://elescultordebonaval.blogspot.com/
https://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg/fallecio-compostela-fernando-garcia-blanco-escultor-bonaval/idEdicion-2008-05-20/idNoticia-302578
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8867299359Lonxitude: -8.54273665777
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84