Outra fotografía:
Tipo de ben: Camposanto,
Concello: Vigo
Parroquia: Castrelos (Santa María)
Lugar: Pereiró
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Nun principio eran dous cemiterios, o civil e o relixioso, que a pesar de estar separados por un muro, tiñan accesos independentes dende o exterior. Ocupa unha superficie total de cerca de 70.000 m2, dos cales máis da metade corresponden a nichos e sepulturas, sendo o resto empregados en xardíns, monumentos, osario, capela, etc… A obra corresponde o enxeñeiro Garcia Areal e foi feito no ano 1896. No cemiterio civil descansan os restos de Ricardo Mella e de múltiples asasinados no alzamento do ano 1936, como os de Manuel del Río Vázquez, presidente do Sindicato de Tranviarios e primeiro paseado da bisbarra viguesa. O cemiterio relixioso destaca pola gran cantidade de exemplos de arquitectura funeraria como por exemplo, a escultura da “Doncela de Mármore” (na primeira foto), a erguida na honra dos “Mortos de Cuba e Filipinas”,etc… así como gran cantidade de mausoleos de múltiples estilos: eclécticos, neomedievais, modernistas….
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No PXOM de Vigo aparecen catalogados numerosos exemplos de arquitectura funeraria onde destacan polo seu valor artístico e con protección integral, os seguintes elementos:
1.-Monumento a Concepción Arenal; 2.- Doncela en mármore; 3.-Monumento da Cruz Vermella; 4.-Busto do Médico Cesáreo Corbal; 5.-
Figura do sartego de Heraclio Botana; 6.-Tumba de Elías Pérez.
Tamén cabe destacar: Panteón de Jenaro de la Fuente, Monumento a Concepción Arenal, Monumento a García Barbón, Familia Sanchón, Cesáreo
González, Familias Sanjurjo e Barreras, etc…
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://hoxe.vigo.org/urbanismo/pxom/Memorias/Tomo-VI/Fichas/Catalogo/TIPO.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.20901777031986Lonxitude: -8.733530044555664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 19, 2023
Engado o seguinte artigo publicado na prensa dixital do 16 de setembro de 2023:
https://www.vigoe.es/vigo/mas-vigo/las-tumbas-nazis-del-cementerio-de-pereiro/