Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1982 que podemos ver no aceso ao cemiterio parroquial. É obra do escultor e canteiro Eladio Martínez, coñecido como o Santeiro de Bértola.
Nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica posúe as arestas rebaixadas.
A continuación o varal, que nace en sección cadrada e segue coas arestas achafranadas. Na súa metade podemos ver a imaxe de Santiago Apóstolo.
O capitel de sección cuadrangular con volutas e adornos vexetais, da paso a unha cruz leñosa con nós de sección circular. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso.

Na base podemos ver a seguinte inscrición:
“DONADO POR LOS
VECINOS DE LA
PARROQUIA
1982”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://pxomvilaboa.com/ (PXOM de Vilaboa. Outubro 2018). Ficha A_024 – Páxinas 82 e 83)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360580503.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, ESTANISLAO. Cruces, cruceiros e petos do concello de Vilaboa. Editorial AGCE.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3555477286
Lonxitude: -8.63883858197
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84