Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cedeira
Parroquia: Cedeira
Lugar: Campo do Castro - Punta Sarridal
Outra denominación do ben: Castro Sarridal
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro costeiro na ría de Cedeira (un dos dous situados na boca da ría de Cedeira, xunto co de Punta Chirlateira, na beira oposta).
Asentamento de grandes proporcións, ocupa toda península do Sarridal e presenta dous parapetos-murallas e dous foxos pola parte de terra.
No seu interior apareceu unha estrutura das coñecidas como “Pedra Fermosa”.
Descrición máis polo miúdo:
Os cantís que bordean o castro son de considerable altura e serven de defensa natural.
Presenta dous parapetos-murallas pola parte de terra, con cadanseu foxo, que parten a península de cantil a cantil, quedando para o paso entre eles unha única e estreita corredoira que da acceso ó interior da península. Os parapeto e foxo máis exterior consérvanse en peor estado, moi rebaixado aquel e entullado este. O foxo e muralla interiores, que dan acceso á croa, están en moitas mellores condicións. Este foxo interior ten unha anchura maior que a media, e a altura conservada no parapeto interior é tamén moi considerable, estimándose que no seu momento puido chegar ós 15m de altura.
Non hai constancia de escavacións anteriores ás realizadas nos últimos 3 anos (dende 2017), baixo a dirección do arqueólogo Emilio Ramil González.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15022001
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A raíz destas escavacións, realizadas pola empresa AXA Arqueoloxía e levadas a cabo en terreos de propiedade municipal, foron atopadas entre outros elementos, cerámicas de tipoloxía galaica e anacos de terra sigilata que indican a romanización dese emprazamento.
Sen embargo o máis salientable foi a aparición do “Monumento con Forno-Pedra Fermosa-Sauna”, a quinta localizada no actual territorio de Galicia ata ese momento. Pola súa tipoloxía, encádrase no que o arqueólogo Angel Villa cataloga como “tipo norte”, e a feitura, moi semellante á cercana “sauna” do castro de Punta dos Prados en Espasante. A de Cedeira ten a particularidade de ser a primeira “sauna” situada no interior da croa dun castro, e a primeira en Galicia con datación por radiocarbono, dando unha cronoloxía que nos leva ó s. III a.e.c., evidenciando a súa construcción con anterioridade á conquista romana do noroeste.
Actualmente a “sauna-pedra fermosa-monumento con forno” se atopa escavada na súa totalidade e consolidada, usando un valado perimetral brando para evitar o seu deterioro pola fauna salvaxe (cabras e cabalos ceibos, xabarís, corzos, etc), abundante neste lugar.
Nesta intervención tamén saíu á luz parte do paramento da muralla interior, realizada con pedra de cachote, tanto local como importada dende distancias considerables. Esta muralla sufriu varias amaños e modificacións (reforzos estructurais, etc) xa cando o castro estaba funcionando. Igualmente se aprecia parcialmente a base dunha torre-cilindro.
Na costa do interior do castro, na zona máis interior da ría, atopamos a pequena praia de Sonreiras, que posiblemente fora usada como embarcadoiro ou acceso ó mar dende a croa do castro cando este estaba habitado.
No interior aparecen varias plataformas artificiais de cronoloxía incerta, empregadas para a agricultura ata non hai poucos lustros.


Referencias bibliográficas:

Web do castro de Campo do Castro – Sarridal: http://castrosarridal.es/ga/

Páxina de turismo do concello, adicada a este xacemento:

Castro Punta Sarrial – Pedra Formosa

Estudio do arqueólogo Angel Villa sobre as “saunas” de tipoloxía Cantábrica: http://www.castrosdeasturias.es/descargas/534-villa-valdes-2018.-saunas-edad-del-hierro.-fervedes-9.pdf

Outras páxinas:
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/castro-de-punta-sarridal-campo-do-castro/

Vídeo realiza pola empresa encargada da intervención no castro:

Páxinas facebook:
https://www.facebook.com/pages/category/Monument/Castro-da-Punta-Sarridal-1993873920832455/
e
https://www.facebook.com/Pedra-Formosa-Cedeira-917271358438428/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A principal afección-destrucción do castro foi realizada polo organismo oficial de Demarcación de Costas, creando unha explanada de aparcamento entre a muralla exterior e a interior, que destruiu parte dos parapetos, ampliando e cementando con zahorra a vella corredoira que comunicaba as leiras do interior do castro.
A intención da corporación municipal é a de ir ampliando a recuperación do castro, empezando pola limpeza en superficie, parapetos, foxos, etc ademáis das posibles prospeccións arqueolóxicas.


Onde está localizado

Latitude: 43.6605504955
Lonxitude: -8.0721956587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84