Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Laracha
Parroquia: Lendo (San Xulián)
Lugar: Igrexario de Lendo
Outra denominación do ben: Cruceiro vello de Lendo.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular formada por unha gran escocia e unha media cana. No pedestal ten unha inscrición que di: “AÑO 1740 D / JOSE / GARCIA / CURA”. O pedestal é octogonal comezando e rematando en cadrado. O capitel é troncopiramidal invertido que soporta unha cruz cuadrangular. O cruceiro é unha mistura de granito e cemento sendo o capitel e a cruz de cemento e o resto de granito. Fai uns vinte anos caeu o capitel e a cruz quedando en anacos. Tiveron a mala idea de restaurala con formigón e cambiala de lugar movéndoa uns metros cara ó norte na súa posición actual.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF (Páx. 9).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2768539992Lonxitude: -8.60579469136
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 16, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150410702.html